sexta-feira, 4 de maio de 2007

A fascinaçao do re-encontro


Depois de nove anos vivindo ao pé do Mediterráneo, polo Raval e o Rif, volvo à esta beira atlántica húmida e verde, coma o leito dum rio, e as emoçoes apilam-se em meu coraçao coma graos de trigo numha tulha cheia a arrabentar.
Após de viajar de Barcelona à Galiza, seguindo a Per Loca, a pele e a memória vao-se humedecendo com as lembranças e o peito ameaça estoupar coma umha gesta de chirumas amarelas na primavera.
Lembro a viagem mágica que fisse com os Chévere a Jelénia Góra,no Sul da Polónia mineira, com parada em Praga e em Berlim, aló polo ano 91.
Daquela, o personagem do que vos vou falar era um moço novo que colaborava com Chévere, que tocava em Nicho Varulho, com Pepe Sendón e Carlos. Também nos Kinindiola.
Depois fundarom a Psicofónica de Conxo, e a sua actividade fui baixando além do pai Minho , para a banda de abaixo, onde ficam nossos irmaos de língua, de cultura, e de origem...

Hoje, ao ouvir as cançoes de Fran Pérez, Narf, senti umha vaga de fascinaçao, de admiraçao polo incrível trabalho deste homen, que faz poesia e música como poucas vezes ouvi.
Que une o norte e o sul do Minho numha irmandade que soa real, verdadeira.
Para que saibades mais cousas sobre tudo esto, vou trazer uns textos da sua página, porque eu agora só posso falar das emoçao do re-encontro.
Logo deixarei-vos umhas gravaçoes para que disfrutedes.

"narf é a identidade máis sintética e acústica de Fran Pérez, compositor e cantor da Galiza que reparte a súa actividade entre o teatro e o rock. No teatro, recibiu diversos premios polas súas composicións, sobre todo na súa época con Chévere en espectáculos como "Rio Bravo" ou "Annus Horribilis", escritas en sociedade con Pepe Sendón. Tamén colaborou con grupos como Mofa e Befa, Compañía de María, Ollomoltranvía entre outros. Traballou e traballa profusamente en Portugal, en especial con Trigo Limpo Teatro ACERT. No rock, é membro da psicofónica de conxo, con quen leva editados dous discos: 'Psicópolis' e 'Extramundi'. Fran presentou no 2003, como compositor e director musical, o CD-ROM 'O Labirinto dos Soños" e a súa adaptación teatral en portugués, na que tamén participou como actor co grupo Trigo Limpo. Na actualidade, está a compor a música para a continuación de O Labirinto dos Soños: a serie de animación para tv, 'Ventura na Illa de Hypnos'.Resultado desta variada experiencia é esta síntese na que a canción como fórmula poética cobra un protagonismo claro, desprovisto de artificios. Acompañado apenas por dous músicos, Marcos Teira coa sua guitarra de sonoridades flamencas, e Pepe Sendón ao vibráfono e a percusión, NARF ofrece um concerto acústico no que a orixinalidade e a sinxeleza son as mellores compañeiras dunha voz.

Ou

"Narf é o proxecto máis persoal de Fran Pérez. E para darlle forma contou con dous amigos e colaboradores de longa data. Con Pepe Sendón, Fran partillou infinidade de proxectos: desde os iniciais grupos de rock como Nicho Varullo e Os Kinindiola, ata encetar a súa carreira como compositor para teatro con Chévere ou Trigo Limpo. Últimamente comparten a creación do proxecto multimedia "O Labirinto dos Soños". Marcos Teira xa formara parte d'Os Kinindiola a principios dos 90, e logo volveuse a reunir con eles para formar "A Psicofónica de Conxo" e colaborar en moitos outros proxectos. Na actualidade, no seu traballo como NARF, o trio aposta por explorar a esencia das cancións cunha instrumentación reducida. A combinación da guitarra acústica de Fran, a guitarra flamenca de Marcos, acompañadas ben pola percusión do caixón, ben polo timbre envolvente do vibráfono de Sendón, son os lenzos nos que se arroupa a persoal voz de Fran, unha voz que por primeira vez se recrea cantando ao servizo dun proxecto á súa medida.

A primeira gravaçao que vos deixo, é muito recente.
Pertence à sua atuaçao na homenagem a José Afonso e ao 25 de Avril celebrada em Vigo hà umhas semanas:





Estoutra é muito fermosa : Um poema de Moçambique: Quero ser tambor:



2 comentários:

Jorge P. Guedes disse...

Fran Pérez! Não conhecia.
Obrigado por mo teres revelado.

Especialmente o "Quero ser tambor" é uma composição riquíssima com o ritmo e a ambiência africanas bem patentes.

Um abraço e muita saúde.

rifenha disse...

Saude é o que mais preciso agora.
Umha aperta.
Aleda-me que gostasse .
E obrigada pola visita.