domingo, 29 de abril de 2007

Música galega em origem. Os cantos das mulheres


Assim como viamos em Barcelona como a rumba nascia nas festas dos ziganos do Bairro de Gràcia, que tocavam e cantavam em baptiços e casamentos, também na Galiza hà umha música que, em geral, era cantada por mulheres, os sábados e os domingos pola tarde, numha eira qualquera do lugar, acompanhada por pandeiretas, para juntarem-se os moços e moças e passar a tarde.
Nestas juntanças, e mentras cantavam e tocavam as pandeireteiras, nasciam namoros, ciumes, às vezes anojos, cantigas para amolar a alguém. De tudo havia.

Hoje, hà um grupo de mulheres com vozes de ouro e pandeiretas de repinique celestial que investigam e recuperam estas cantigas, dándo-lhe um estilo muito persoal e incorporando novos soes
A mim fascina-me ouvi-las, e espero que a vós também.
Sao Felisa, Ana, Mercedes, Montserrat e Patrícia, que formam o grupo Leilia.
Tem publicado quatro trabalhos, todos eles com cantigas recolhidas por toda a Galiza:
Son de Leilia
Madama
I é verdade
Leilia
ademais de terem colaborado com outros grupos .

Neste primeiro video, do grupo de folcore galego Ruada, vemos umha mostra do que podia ser umha destas tardes de pandeiretada e dança.





Logo vermos as versoes de Leilia.

Espero que sejam do vosso agrado.















quinta-feira, 26 de abril de 2007

Pulpiño Viascon


Segundo diz a página komunikando.net


"Músico, compositor, actor, clowm, multi-instrumentista.Toca 12 instrumentos dos que destaca a bateria, o acordeon diatonico, o serrom, a voz e a gaita.
Demacrados, La verguenza nacional, Zorza el griego,Os verjalludos, Escupe escapa, Irmans bochechiñas, Os diplomaticos de Monte Alto, Teck pileck (frankfurt), O jarbanzo negro (Amsterdam) son unhas das formacions nas que foi membro fundador.
Traballou como músico clowm en circos como Kran, Roncalli (Suiza), Ateneu Nou Barris de Barcelona.
Ten colaborado en discos con “Susana Seivane” (serrom e trompeta) mares de tempo. ” Manu Chao” (serrom, trompeta, bombo, pajaritos) siberia.
Colaboracions en concertos con:Pablo Novoa, Manu Chao, Susana Seivane, Mastretta, Siniestro Total, Os diplomaticos de Monte Alto e Tonino Carotone."


Participa na Per Loca com In the ocean, onde toca todos os instrumentos ele sozinho.


Seus Novos projectos, seica sao:


Fiestas populares (Juan Navarro), teatro musical, home orquesta.


Galegoz (electro-funky-salsa).


On the bass (dj’s con voz) dub raga.


Bonovo (midi musical, con zanfona, acordeon e bat elec).


La sonora callejera (humor musical).La rosa de piedra (rumba e boleros).


Carpa de circo, Santiago de Compostela.


Como vedes, um todo terreo que lhe da a tudo e com muito estilo.


Por algo fui o ganhador este ano do A Polo Ghit, concurso promovido pola página galega Vieiros e a Radio Galega.


A ganhadora, polos votos do público, fui precisamente In the Ocean, o tema que canta e toca na Per Loca.










domingo, 22 de abril de 2007

Asalto ao Castelo

O dia 7 de Julho celebrara-se em Vimianço a XII Festa Irmandinha de Asalto ao Castelo-Fortaleça da vila.
Se querés saber mais cousas, há aberto um novo blogue

http://asaltoaocastelo.blogspot.com/

Que, de seguro, vos interesará.
Fica dito. Para quem queira visitar.
Apertas.

terça-feira, 17 de abril de 2007

Velhos amigos


Pois sim. Velhos amigos ravaleiros de Mar del Plata, apontarom-se também a caminhar pola Per Loca.

Os Ché Sudaka cantando em galego:

"A morrinha nao é umha enfermidade"

Vale a pena escuitar.

Se nao, julgade por vós mesmos.

Ainda que só seja umha cançao.


terça-feira, 10 de abril de 2007

Zënzar



"QUÉN É ZËNZAR
-

"Da terra das sombras e da escuridade…" Así foi como empezou todo aló polo principio do outono , na Meirama do 1987. Ben é certo que os "artistas" agora coñecidos como ZENZAR, non tiñan o mesmo nome como grupo. MÖRDOR foi o primeiro nome elexido.
Como curiosidade a primeira canción que todos se puxeron de acordo en tocar foi unha versión do "Jumpin Jack Flash" que cantaba Tabe (J. Antonio) en castelán. As primeiras composicións propias foron "Fuera de Lugar", "Cosa Blanca", todo un clásico, daquela aínda en evolución, e hoxe en día regrabado no que é o último disco da banda.
No nadal do 1988 Mördor debuta no pub NON SEI de A Silva en formación de sexteto, ca cal chegarían ata xuño do 1991, momento no que pasan a cuarteto, ao abandoar o grupo Manuel Jesús (teclados) e Luis (guitarra), por distintos motivos. Isto pasou despois de tocar en sitios como o
Picolinos (Cerceda), Discoteca Plató (Calle de Cristal), no 1º Festival Rock de Meirama, semente para o Festival de Cerceda. De todo o máis destacado foi unha grabación que se fixo dunha actuación en Meirama en marzo do 1990, non tanto pola calidade da mesma, xa que foi feita nun casete portátil, senon como documento histórico, posto que é a única en forma de sexteto, e porque nela se poden escoitar as primeiras cancións do grupo, tanto propias coma as versións empregadas para completar repertorio (Tiempos Nuevos de Ilegales, La chica de ayer de Nacha Pop, Lucille, flor de luna de Santana, etc.), nada que ver co camiño tomado máis tarde polo grupo, pero así son os principios…
No verán do 1993 prodúcese o troco de nome, por motivos legais, pasando a chamarse, xa para sempre, ZENZAR. Esto ocorre pouco despois de grabar a finais do 1992, ainda como Mördor, a sua 1ª maketa baixo o título de "Contos e Lendas de Terra Adentro", incluindo cinco temas, xa verdadeiros clásicos no seu repertorio, tamén dou que falar a portada onde a policia local de Cerceda persegue a uns ladróns no seu famoso Mercedes. No 93 aparecen dous temas no vinilo "Rock Na Costa Da Morte", recopilatorio onde participan seis bandas coruñesas da zoa, ningunha das cales segue en activo na actualidade excepto ZENZAR. Nesta época o grupo xa da multitude de concertos por toda a provincia coruñesa. Por daquela o grupo xa empeza a ser valorado fora do seu entorno habitual, sobre todo na zoa da Costa da Morte onde fan bastantes actuacións.
E así chegamos o 1995 ano no que editan a súa 2ª maketa "Fascinados polo Prohibido", composto de oito temas .Nela xa se ve claramente por onde vai ZENZAR, Rock contundente e letras en galego. Algún tema dela converteuse en obligado no repertorio coma "O Blues da gorxa seca" ou "Bourando". Aquí compre destacar os dous concertos con Extremoduro e outros con Platero y Tu, Boikot, Manolo Kabezabolo, Barón Rojo, etc. Saindo a tocar por tada a xeografía galega.
No 1997 prodúcese a saída á rúa do seu primeiro L.P. "Disparados o Futuro", composto de doce temas grabados nos Estudios Fussión de Vigo, con Xavier Abreu de técnico. ZENZAR reafírmase no seu Rock potente edifícil de catalogar, onde predominan as letras combativas, de denuncia social, ecoloxía e manexos políticos. Este é un disco no que a pesares da variedade estilística apreciase unha linea homoxenea e persoal que fai del unha colección de cancións que encaixan perfectamente unha tras outra.
O grupo fai unha extensa xira de presentación que se prolonga nos dous anos seguintes, onde destaca a participación no primeiro Alen Galicia na Illa de Arousa, e no 1º Santi Rock en Compostela.
Neste mesmo ano 97 colaboran en dous recopilatorios: Bamban Vol. II e 8 anos de Sequestros con un tema en cada un.
Unha vez rematada esa xira o grupo entra nunha pequena fase de letargo onde se actúa menos e se buscan novas ideas para novas composicións, agora xa ca axuda do novo guitarrista Mario Grela, incorporado xa a xira "Bourando" do disco "Disparados ó Futuro", aportación que se fará notar tanto no directo coma no estudio de grabación, contribuindo firmemente a compactar a música da banda nas súas aparicións en directo.
Deste xeito na primaveira do 2001 sae a lus o segundo longa duración da banda, una autoprodución do grupo tamén grabada nos estudios de X. Abreu, que baixo o título de: "Todo Vai Ben" , agrupa trece cancións ben tocadas e cantadas todas elas en galego. Unhas cheas de forza e enerxía (Chove, Johnny, Nin un día máis, Ratos no horreo), outras que combinan tempos medios con outros momentos de gran contundencia (Chegando a casa, Camilo, Cheira mal,…). As curiosidades son a inclusión en dous temas de instrumentos tradicionais como a gaita de Xan " Papaqueixos" en Todos me queren e o acordeón de R. Sanjurjo "Diplomáticos do monte alto" en A banda do coche encarnado. Letras irónicas e críticas, contra o caciquismo, a destrucción do medio, contra o poder e a hipocresía. . Unha ironía xa presente na portada, presidida polo lume e a morte, na que asasinos e torturadores sorrin á cámara. E na contraportada onde as vacas revolucionarias ameazan con tomar a propia catedral de Santiago, mentras a cidade arde.

Todo elo fai deste un disco que abrangue todas as tendencias do rock, pero sempre co selo persoal de ZENZAR.
O disco recibe moi boa acollida por parte do público e da crítica, aínda que non alcance vendas moi importantes posto que como se dixo non conta con distribución oficial e so coa promoción que fai o grupo nos concertos e outros poucos medios ó seu alcance.
Nada máis sair á rúa o grupo emprendeu a xira máis longa dende que ZENZAR existe, non sin moitos esforzos, pois foi totalmente autoxestionada , así ó final do ano foron perto de corenta os concertos feitos.
Compre destacar un por riba de todos: o día da patria galega, o 25 de xullo en Compostela, diante de miles de persoas entusiasmadas, con gañas de festa, que disfrutaron como nunca da música do grupo.
Outros a destacar foron o Grelo Folc en Monfero, o I festival Ordes-rock, o 1º festival música en tempos en Pontevedra e o festival ponte louco en Castro Caldelas-Ourense.
A historia segue e o tempo non se detén, xa estamos no 2002. Unha vez rematada a xira de presentación, un remate non exento de incidencias, que fixo que quedara algún concerto pendente. Primeiro pola enfermidade do baixista, ó que sustituiu Anxo de "Sensacha", grupo veciño de Cerceda, e posteriormente pola do cantante .
Pois ben, unha vez todos repostos o grupo decidese a plasmar en disco oito temas preparados ó longo dos primeiros meses do ano. A grabación ten lugar na última semán de marzo nos estudios Bonhan de A Coruña. ….
Unha vez gravado, o CD sae a rúa en xuño de 2002.
Os resultados foron os esperados, a estas alturas van entre ventas e promoción uns 700 exemplares distribuídos, tendo en conta que era un disco máis para fans, onde se facía un percorrido por temas inéditos rescatados dende os principios do grupo.
Unha vez feito este traballo o grupo reláxase un pouco, non se fai ningunha xira específica para presentar o disco, debido a natureza do mesmo, como xa quedou dito.
De todos xeitos hai bastante actividade ó longo do ano con un total de once concertos, destacando a primeira incursión en Madrid na Sala Siroco, xunto con outros grupos como Salida Nula, Hirurko e Kambotes. Este ano veu marcado polo afundimento do Prestige, e como non Zenzar participou a finais do ano e dous concertos solidarios que resultaron todo un éxito (pub A Roda deMalpica e Disco-Pub Non Sei de Cerceda).
O 2003 e 2004 son anos de transición, non hai moita actividade en canto a concertos e no grupo empeza a plantexarse a necesidade de poñerse a traballar seriamente nun novo disco para darlle continuidade a esta historia, traballo que comeza no inverno de 2004, inverno que se presentou máis accidentado do esperado: primeiro suspéndese o concerto previsto na Mardi-Gras de A Coruña, por enfermidade repentina de dous compoñente do grupo (este concerto por fin se levou a cabo en outubro deste ano 2005 e por certo con grande éxito de público) , despois e para sorpresa dalgúns M. Silveira, guitarrista do grupo decide deixar o grupo, e para rematar o ano pecha o Badulake, emblemático local de Ordes centro de reunión dos rockeiros da zona ó longo de cinco anos.
Diante deste panorama os restantes membros do grupo deciden tirar pa diante , e así entramos no 2005, ano que resultou ser bastante frutífero xa que se consegue rematar case nun cen por cen o traballo de composición dos novos temas , agora xa con Mario como único guitarrista . Este novo formato tamén é posto a proba en directo con dous concertos na primavera e o mencionado da Mardi Gras en outubro, resultando todos un auténtico éxito que sorprende ó propio grupo, temeroso de que se notara en demasía a falta dunha guitarra.
Rematado o 2005 agora o grupo dedícase a engraxar a maquinaria para entrar en estudio a dar o máximo para o novo disco.
En canto ó 2006 o mais destacable é a gravación do novo traballo de grupo "Sigue...E Dalle", por suposto con Xabier Abreu no seu novo estudio de Nigrán. E é o mais destacable por que esto provocou unha revitalización do grupo e a volta de forma regular aos escenarios, dende a presentación do disco na Sala Nunca Mais de Ordes o 30 de xuño, pasando a continuación por bastantes festivais, a pesar da tardanza na saída do novo traballo da banda, xa ás portas do verán.Tamén hai que destacar como factor revitalizador a incorporación definitiva ó grupo de Paco Cerdeira á guitarra, despois de ter colaborado no disco. Todo isto trouxo unha evolución no son de directo de Zenzar e vai ir provocando unha paulatina transformación do seu repertorio (cuestión de supervivencia). En canto ó disco despois de seis meses de existencia non para de recibir boas críticas en canto á producción (teñamos en conta que levaba incorporado un DVD bastante completo e traballado por Videa Films) e tamén hai uns cantos temas que xa figuran como obrigatorios no repertorio da banda (Tiven un bar, Doutor, Dalle, Tempos Novos, ...). Polo tanto foi un ano moi positivo, para Zenzar e para a música galega en xeral (nunca tantos disco se editaran e tantos en galego), e tendo en conta que o disco aínda é relativamente fresco agardamos que o 2007 sexa bastante axetreado e que consolide a nova formación do grupo para proxectos futuros e para agrandar a lenda..
(continuará). "

Esta é a história da evoluçao do grupo Zënzar, outro dos que caminharom pola Per Loca, feito por eles mesmos.
Umha evoluçao que vai desde tocar temas clásicos em castelam, ou mesmo versoes de Carlos Santana e outros, a criar um estilo próprio, cheio de energia, puramente galego no que atinge à força puramente atlántica e brava das terras de Meirama e Cerceda, onde iniciam sua andaina musical.
É um grupo que transmite muita força e muita catarse ao estilo galego da Costa da Morte, rachar com tudo e imitar ao oceano quando se enraiba e bate nos cons da ribeira coma umha tralha sem freio.
Da sua participaçao na Per Loca, traio este tema "O Padriño", que fala dos padrinhos que na Galiza proliferaram desde hà séculos:
Primeiro os nobres, mais tarde os fidalgos, depois os caciques e agora os mafiosos.
Lermbro umha cena do filma de l. Visconti "Il Gatopardo", no que Burt Lancaster, fidalgo vido a menos, dizia:
" Rematou o tempo dos lobos. Agora vem o das hienas".

Essa frase refere-se a Sicília, mas penso que na Galiza tem a mesma validez.
Os galegos que leiam, hao de perceber do que falo.
Para os de fóra, explicarei.
Rematou o tempo dos lobos, senhores nobres que nos dominabam- No escudo de Vimianço há umha cabeça de lobo dos Moscoso- e agora ficam as hienas do narcotráfico encuberto, o dinheiro negro, a explotaçao dos operários e a especulaçao.
Bem.
Deixovos a ligaçao ao tema dos Zënzar, e algúm video para que os vejades em vivo.
Saudaçoes.

http://www.goear.com/listen.php?v=e6a621b